ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Andrea Maceiras explicounos as consideracións coas que inicia a escritura dun libro como “A folla azul”: propiciar unha reflexión crítica pero fuxir do adoctrinamento. A esperanza está na infancia, na adolescencia, na súa lucidez, no cambio de valores e de pensamentos. “Confío máis nos nenos e nas nenas que na ONU”. Maceiras falounos da noción, do sentido da existencia de moitas das tribos da Amazonas. A humanidade non sabe dar marcha atrás ata que ten a realidade moi diante dos ollos. A percepción da escritora é que algo así aconteceu coa pandemia do coronavirus, que agudizou os seus efectos pola contaminación. Só un 10% do planeta segue a ser un lugar salvaxe, non tocado pola man humana. Husu Aké, é membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde, da Amazonia. Maceiras propón en “A folla azul” realizar unha viaxe ata o Amazonas.
Fotografía: Xan Xe Corral