ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Segundo o Censo Agrario 2020, o 76% dos titulares de explotación declaran ter adquirido os seus coñecementos mediante a experiencia práctica, e só o 4% ten formación formal (Universitaria ou Formación Profesional)
A transformación do agro nos últimos anos e as novas esixencias do sector fan que a formación dos profesionais so sector, sustentada na mera experiencia e na transferencia de coñecementos de pais a fillos na que se baseou a adquisición de coñecementos dos profesionais deste sector, deixe de ser suficiente. Sen dúbida, a formación formal constitúe un elemento clave que contribúe, a aumentar a competitividade do sector agro alimentario.
Abordaremos, da man de Mario Soto, xefe do departamento de Agraria do IES de Mugardos, na Coruña, como a formación, nesta ocasión profesional, dirixida ao sector agro-gandeiro e forestal pode contribuír a afrontar os retos aos que se enfrontan as persoas que decidan afrontar un futuro profesional no rural. Unha adicación profesional que precisa, cada vez máis, dunha preparación máis coidada.
Porque a evolución do sector é máis que unha evidencia, evolución tecnolóxica - agricultura de precisión, biotecnoloxía-, a realidade dos desafíos do cambio climático, ou criterios de produción imprescindibles nestes momentos como a sostenibilidade ambiental, a bioseguridade, ou o benestar animal que están xa presentes no desenvolvemento de calquera actividade agro gandeira. Como tamén o están esixencias dun mercado que, cada vez máis, require criterios de trazabilidade, seguridade alimentaria ou benestar animal..
Un sector primario vizoso e aberto á innovación, como o actual, ten que poder ampliar a bagaxe formativa dos seus profesionais, ofertas educativas que permitan formarse e formar para mellorar a súa eficiencia e produtividade, fomentar a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os distintos actores do sector, facilitar a adopción de boas prácticas, de innovacións e tecnoloxías avanzadas, garantir a sostibilidade ambiental nas prácticas de produción e manexo de alimentos, e contribuír a garantir a resposta aos novos retos que ten que afrontar o sector, a bioseguridade, o benestar animal, a seguridade alimentaria ou a trazabilidade.
Garantir, tamén coa educación como ferramenta, que o sector primario, o soporte básico e central do resto dos sectores económicos, poida desenvolverse e contribuír a desenvolver as sociedades que o albergan, dun xeito ético e sustentable.