Formigas nos pés. Nazaret López

Programa: 
Club de lectura
Nazaré Löpez, autora de Formigas nos pés

 "Formigas nos pés " é unha novela que relata o proceso de reconstrución persoal. A historia dunha muller que tivo que aprender a dicir adeus. Desapareceron as cores das paredes, os aromas da cociña, as rutinas cómodas, a palabra amable. No clube de lectura de Radio Fene Radiofusión falamos hoxe deste libro. A obra aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos.