ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As pezas, musicadas por eles, veñen acompañadas polo texto das cantigas, as partituras así como unha contextualización histórica das mesmas. O complemento perfecto é que contan, ademais da colaboración musical de grandes artistas, con aportacións dun conxunto de especialistas en outras áreas, historiadores, poetas ou musicólogos que contribúen a tecer un fermosísimo proxecto.
E isto, que podería parecer un produto pensado para o círculo pechado de coñecedores, medievalistas ou músicos especializados é un “artefacto” pensado para a divulgación e o desfrute.
Helena de Alfonso e José Luís Lara Gruñeiro, Barahúnda, afirman que o seu último traballo, Fremosas, é “o froito do amor á música, á poesía, á Historia e ás historias, as nosas, as de calquera de nós, pasadas ou coetáneas que tanto se parecen”, e dun desexo, dar a coñecer “fermosos versos de 700 ou 800 anos de antigüidade que un día foron cancións e que son a nosa herdanza cultural”.
Poder facer isto e ademais facelo dun xeito tan fermoso, elegante, cálido e actual é un acerto considerable e un privilexio para quen o desfrutamos.
Fotografía: XanXe
Conversa con Barahunda:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/120424LORENZO.mp3