Gaivotas manchadas de petróleo. Abraham Pérez

Programa: 
Club de lectura
Fotografía Xan Xe

"Non encaixa nas definicións habituais. É ensaio, máis non o é, son aforismos, máis non o son; ten algo de crónica, de diario, máis non é crónica nin diario" indica a crítica de Luz Darriba arredor do libro de Abraham Pérez "Gaivotas manchadas de petróleo" que vai xa pola segunda edición, publicada por Menino morreu. 
"Gaivotas manchadas de petróleo" contén referencias ao cine, á literatura, música e redes sociais. Tamén aborda o modelo de artista que ten discurso, que crea discurso, co cal guía a súa visión artística: "É fatigoso, porque implica estudo e investigación constante, polo tanto, máis complicado (e seguramente con menos recoñecemento ao instante por parte do hipotético público)".
Poema Wall Street
A IMAXE inxenua
da liña recta 
lixeiramente curvada
en avance constante
visíbel e fúnebre
da caída mórbida
do mundo sexualizante e plastificado
sobre as nosas contas correntes.
PEREZ, ABRAHAM (2020) Fragmento creba. Editorial Galaxia. Vigo (páxina 73) 

 

 

 

Fotografía Xan Xe

Conversa con Abraham Pérez sobre "Gaivotas manchadas de petróleo":

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/190225PEREZ.mp3