ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Galicia distrito industrial. O libro de Antón Baamonde e Daniel Hermosilla inclúe unha exhaustiva cartografía das empresas galegas máis importantes. Explica con claridade as súas características. Moitas delas presentan unha natureza e orixe familiar, pero ao mesmo tempo posúen un alto valor tecnolóxico, talento e maquinaria de última tecnoloxía. Xa están internacionalizadas e poden dar un gran salto adiante se aplican estratexias cooperativas. Mellorar o tramo Ferrol-A Coruña do ferrocarril debera estar entre as prioridades en Galicia. Defende Baamonde que tamén chama a atención sobre a urxente modernización do trazado Vigo- Porto. Prioridades que chocan co relato que prevalece no discurso político e mediático onde o debate está centrado en mellorar a conexión con Madrid.
Imaxe. Antón Baamonde, Daniel Hermosilla, Antonio Tizón e Henrique Sanfiz en Radio Fene Radiofusión
Fotografía Xan Xe
Conversa con Daniel Hermosilla e Antón Baamonde sobre Galicia, distrito industrial:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/010724BAAMONDE.mp3