Galicia e Portugal Irmandade e fronteira. Ramón Villares

Programa: 
Club de lectura
Fotografía Xan Xe

A integración de España e Portugal na Unión Europea provocou unha desfronteirización que pode xerar grandes oportunidades. Pero segue habendo pouca cooperación e comunicación cultural entre o norte de Portugal e Galicia. Non houbo nunca un nacionalismo ibérico, apunta Villares. O soño dos iberistas nunca tivo unha tradución política. En cambio, Italia fíxose a partir do Piamonte. A comezos do século XX houbo un ensaio moi forte dun iberismo tripartito. Cataluña era a zona máis urbanizada e industrializada. Cambó, Prat de la Riba, Eugene d´Órs desenvolveron a idea dunha Hespaña grande, . En 1919-1920 comezase a falar de autonomías e empeza a colaboración entre Galicia, Catalunya e o Pais Basco que logo dará lugar a Galeusca. Antoni Rovira i Virgili en 1923 no banquete aos hospedes vascos e galegos afirmou: “Está pechada a época de Piamonte, agora entramos na era de Irlanda”. Aí está unha das claves da evolución posterior do nacionalismo catalán, para o membro da Real Academia Galega. 
Os portugueses deben recoñecer aos galegos como diferentes pero moi próximos. Nós temos que recoñecelos como unha terra irmá, con perfís e trazos diferentes, pero cun futuro cheo de posibilidades se se establecen parcerías, colaboracións. É unha das posibilidades que apunta o historiador Ramón Villares, autor do libro “Galicia e Portugal Irmandade e fronteira” que ven de publicar editorial Galaxia. Falamos do volume no club de lectura de Radio Fene Radiofusión coa participación de Juan Carneiro, Miguel Angel Rodriguez, Ramón Villares e Henrique Sanfiz.

 

Fotografía Xan Xe

Conversa con Ramón Villares:
http://173.255.131.18/audio/261023VILLARES.mp3
Poema de Martinho Montero Santalha a Ramón Villares:
http://173.255.131.18/audio/261023MONTERO.mp3