Groviland. Cándido Barral

Programa: 
Club de lectura
Fotografía Xan Xe

Cándido Barral leu dezanove biografías de Franco. Hai múltiples perfiles do ditador. A Franco o branqueou a Igrexa católica e o Exército. Estamos agora empezando a coñecer a súa verdadeira personalidade. Aínda está sen descodificar unha parte moi importante da documentación xerada pola administración da ditadura. Gobernou de forma despótica e arbitraria e fixo ostentación do seu poder. Foi un sátrapa, apunta Barral. Chegará un momento no que se faga unha lámina transparente do personaxe de Franco. Groviland fala da represión despois do golpe de Estado de 1936 na vila do Grove. Escoitamos esta mañá no clube de lectura de Radio Fene a conversa co escritor Cándido Barral sobre a súa novela Groviland. Participaron tamén Leo Toral e Antonio Tizón.

Escoita aquí a conversa con Cándido Barral sobre Groviland. Participan Antonio Tizón, Leo Toral e Henrique Sanfiz.

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/260423BARRAL.mp3