A gruta da torre. Lois Pérez

Programa: 
Club de lectura
Fotografía: Xan Xe

Foi xogador profisional de fútbol sala no Prone Lugo. Agora deixou as botas de futsal e os pavillóns, polos libros e as guitarras. Antes das pantallas e de xeito simultáneo ao papel, as historias, os relatos, os sucedidos, contábanse de avós a netos, de nais e pais a fillos ao pé da lareira ou na cama antes de coller o sono. Lois Pérez reivindica a literatura de tradición oral pero tamén cultiva a escrita como neste libro “A gruta da torre". Prepara ademais para xaneiro a saída do libro de poesía "Lugo-Filadelfia".