ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fotografía: Xan Xe Corral
O Ourense de hoxe en dia ten pouco que ver coa cidade dos anos sesenta que retrataba en Miss Ourense, a súa primeira novela policíal. Daquela as forzas de orde pública estaban máis integradas na cidade. Xogaban a partida cos paisanos nas tabernas. Curiosamente agora a policía está moito máis centralizada. Bieito reproduce nas súas novelas o galego que escoitaba en Ourense na súa mocidade. O inspector de policía relata os feitos en primeira persoa. En Miss Ourense o detective Nespereira tiña só estudos primarios. Agora en Guias caninos, o policía cursou bacherelato. O escritor explicou na Fenestra de Radio Fene como se achega él ao xénero negro ou policíal. Intenta que haxa un crime, unha investigación seria e un enigma. Parécelle que sería defraudar ao lector de xénero policíaco non cumprir con certas normas.