Hai que pararlles os pés aos abusóns, afirma Antonio M.Fraga

Programa: 
Club de lectura
Antonio M.Fraga escribiu "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa"

Segundo Anxos García Fonte, a obra ten certas semellanzas con outra fermosa novela A evolución de Calpurnia Tate; heroína empeñada en descubrir os coñecementos que lle son velados. Un dos valores da novela é que logra conectar coa tradición tan galega da literatura fantástica e á vez realista, na liña de Álvaro Cunqueiro. A compoñente realista da novela tamén nos toca o corazón ao tratar de forma valente algúns temas que afectan á infancia como a pobreza e a precariedade na alimentación. Parabéns a Antonio M. Fraga pola elegancia do seu estilo e a beleza e riqueza da súa lingua literaria.