ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
mixcloud.com/HigherClub1997/higher-street-1264
01 [Roy Hargrove's Crisol - Habana 01]
O my seh yeh
Una mas
02 Abunai - Falling forwards (with Glenn Astro)
03 Ayala - Adrian
04 Dundundun - Midnight manoeuvres
05 Dundundun - Future hope
06 [Squarepusher - Feed me weird things (Dj Conga select)]
Squarepusher theme
Tundra
The swifty
UFO's over Leytonstone
---
·SINTO
Higher Street, programa 1264. Temporada número 25 dende 1997, e que estamos a celebrar alternando unha viaxe ás músicas de por entón sen esquecer a atención ao mais novo. Hoxe comezamos a escoita dun fabuloso traballo, o único do proxecto Crisol de Roy Hargrove, e publicado hai 25 anos. Logo pasaremos pola actualidade sonora para rematar de novo no pasado, nun tempo no que a electrónica soaba efervescente, experimental, mutante...
·SINTO
A idea non cambia, a da música que mais nos gusta, agora... 25 anos despois, atentos ao futuro, ubicados no presente, pero sen esquecer o pasado. Higher Street, programa 1264...
·ROY HARGROVE'S CRISOL - O MY SEH YEH
Nesta banda organizada por Roy Hargrove tras unha viaxe a Cuba no ano 96 forman cubanos, portorriqueños e norteamericanos... Chucho Valdés (piano), David Sánchez (saxos tenor e soprano), Frank Lacy (trombón), Horacio 'el negro' Hernández (batería), Changuito Quintana (timbales), Angá (congas), John Benítez (baixo), Gary Bartz (saxos alto e soprano) e Russell Malone (guitarra)... co propio Hargrove en dirección e trompeta. A gravación deste único álbum do seu Crisol realizouse durante o festival de jazz de Orvietto a finais de 1996; mestura de fusión jazz coa tradición afro-cubana que resultou no Premio Grammy de 1998
Nesta primeira parte de Habana seleccionada, escoitamos xa "O My Seh Yeh" de Steve Lacy... e agora "Una Mas" de Kenny Dorham
Roy Hargrove's Crisol, disco Habana, selo Verve, ano 1997.
·ROY HARGROVE'S CRISOL - UNA MAS
·INDICATIVO "VOLVEMOS"
Higher Street, programa 1264
·ABUNAI - FALLING FORWARDS (W. GLENN ASTRO)
Con sede en Oakland, California, Abunai establece un estilo ensoñador, influenciado pola psicodelia dos 60, os movementos de contracultura e a escena rave dos 90. Neste primeiro sinxelo a través do selo Tartelet, adianto do seu álbum Chrysalis, atopamos esta fusión melancólica con IDM e a súa voz de falsete xunto á produción de Glenn Astro.
·AYALA - ADRIAN
E, pola súa parte, Ayala mestura esencias afro con reminiscencias da música disco italiana dos anos 70 a través do selo londinense Batov Records, no que ven de presentar o seu álbum Views, un longa duración no que da mostra de toda a súa paixón sonora fusionando raíces afrobeat coa sensibilidade dun club italiano e, a poder ser, clandestino...
·AYALA - ADRIAN
Adrian, peza parte do álbum Views de Francisco Ayala, cálido e orgánico...
·DUNDUNDUN - MIDNIGHT MANOEUVRES
E de Bristol chega o sexteto de jazz electrónico Dundundun, acompañados polo poeta e artista visual londinense Nadeem Din-Gabisi; Dundundun presentan, en Worm Discs, o seu segundo EP, Future Hope...
·DUNDUNDUN - FUTURE HOPE
Boa música contemporánea, con Abunai, Ayala e Dundundun, pero temos que ter moi presente o pasado tamén...
·[SQUAREPUSHER - FEED ME WEIRD THINGS (DJ CONGA MIXTAPE)]
Tra-lo seudónimo de Squarepusher se agocha Thomas Jenkinson, británico de Essex de 1975, e que debutou a través do selo Rephlex de Richard David James, aKa Aphex Twin, con este álbum, Feed me weird things, en 1996, antes de mudar á casa Warp. Presentouse con esta mestura de acid, drum&bass, IDM e jungle, sentando as bases da variante sonora coñecida como drill 'n' bass. Aquí está a esencia de Squarepusher, seleccionada por Dj Conga
·[SQUAREPUSHER - FEED ME WEIRD THINGS (DJ CONGA MIXTAPE)]
Con Squarepusher e o seu álbum debut Feed Me Weird Things de 1996 chegamos ao remate desta edición 1264 de Higher Street, tras pasar pola escena contemporánea de Dundundun, Ayala e Abunai, e por suposto de comezar o programa tamén no inicio do noso segmento temporal radiofónico, co álbum Habana do proxecto Crisol de Roy Gargrove... Graciñas por compartir outra semana mais este tempo de radio connosco, e van 25 anos... de Higher Street
·[SQUAREPUSHER - FEED ME WEIRD THINGS (DJ CONGA MIXTAPE)]