Historia do rural galego

Programa: 
Onda ODS

O Castelo de Moeche está construído con grosos muros de cachotería que gardan a historia do rural galego e a loita polos seus dereitos. Dende o alto da torre da homenaxe, unha das partes mellor conservadas e na que aínda observamos as ameas que a coroaban, pode apreciarse a riqueza destas terras. Este Castelo medieval chama a atención pola súa coidada restauración e o seu excelente estado de conservación. En Onda ODS, entramos no Castelo de Moeche, un símbolo da revitalización do medio rural.