ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Programa 1171 de Higher Street. Terceira parte, de catro, da Suite Chappaqua creada por Ornette Coleman en 1965 para a película Chappaqua de Conrad Rooks, e que finalmente foi rexeitada polo director ao considerala tan superior ao vídeo que non lle parecía axeitado utilizala. Contribuíu isto, sen dúbida, a que outro magnífico traballo mais de Ornette fose case esquecido a pesar de combinar, nestas catro longas pezas, o seu jazz harmolódico cunha orquestra de formación clásica, á vez que se adaptaba ás imaxes da cinta de Rooks.
O selo Ubiquity presenta, a través do subsidiario adicado a reedicións Luv N' Haight, un sinxelo rescatado de principios dos anos 70 por Howard Wales na súa propia discográfica Costal Records. Por vez primeira se reedita esta maravilla funk instrumental chea de ventos e órgano hammond, así como cunha importante carga psicodélica. A Howard Wales se lle coñece sobre todo polos seus traballos xunto a Jerry García, líder de Grateful Dead. Pero Howard xa funcionaba pola súa conta dende mediados os anos 60, tocando con Ronnie Hawkins, os Four Tops ou o mesmísimo James Brown. Wales foi un elemento imprescindible na aparición e posterior desenvolvemento do, ás veces, mal entendido "Acid Jazz", amosando o camiño das posteriores viaxes psicotrópicas do Jazz, o Funk, o Soul e maila fusión dos 70.
Para o final, unha das mais recentes publicacións do selo escocés Athens Of The North, na que se xuntan o experimentado productor de electrónica house e techno Nick Moore aka Linkwood, cun dos jazzeros máis reputados de Reino Unido, o pianista Greg Foat. Este seu proxecto conxunto, chamado Linkwood Foat, preséntase con este disco homónimo no que se combinan as paixóns de ambos, oscilantes entre a nocturnidade dos clubs e a liberdade da natureza; extroversión e introversión, liberdade e escapismo de dous ambientes opostos
[Ornette Coleman - Chappaqua Suite Part III]
+
Howard Wales - My blues
Howard Wales - Huxley's howl
+
[Linkwood & Foat - Linkwood & Foat]
Linkwood & Foat - Es vedra
Linkwood & Foat - Sa talaia
Linkwood & Foat - Neutrino
Linkwood & Foat - Bentley 101
Linkwood & Foat - Pressure
Linkwood & Foat - Push it