ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O proceso de creación de Illa decepción, como as nosas vidas no tempo recente, está marcado polo coronavirus. Durante a revisión do primeiro borrador da novela (Algunhas casas) no confinamento, Berta Dávila sentiu que a historia acababa de adquirir unha nova dimensión. Estaba recluída no seu apartamento corrixindo unha novela que, precisamente, falaba das casas como símbolo. Por iso, os capítulos engadidos fan referencia ao propio libro, é dicir, o libro escríbese a si mesmo.
A través da protagonista abórdanse diferentes temas como o paso do tempo, a evasión a través da virtualidade ou como cambiou a nosa visión sobre os lugares despois da pandemia. Tamén, afóndase no acervo cultural xaponés a través dalgunha expresión descoñecida para nós pero que define sentimentos ou conceptos que non nos son alleos.
Sen lugar a dúbidas, estamos a falar dunha novela que nos permite redescubrir e comprender mellor as consecuencias dunha situación anómala que nos acompaña desde hai meses.