Imaxes roubadas. Nones Araujo

Programa: 
Club de lectura
Fotografía Xan Xe Corral

Tivo dúas motivacións importantes para iniciar a colección de relatos de “Imaxes roubadas”. Quixo destacar a obra de pintores galegos como Luís Seoane e mulleres artistas como Maruxa Mallo ou Frida Kahlo, xunto con artistas universais como Goya ou Picasso. 
“As cagadas dos cans póñenme mala.Levo tempo en teimando en golsar todo o noxo que me producen cando as atopo espalladas nos espazos públicos, onde avós e netos, videntes e cegos... meten o pé no pastel, sen darse de conta, ou recollen do chan o xoguete do meniño enzoufado de caca”.
Comeza así o relato de Nones Araujo arredor do cadro “O can” de Goya. É un dos trinta contos suxeridos por outras tantas obras de arte. En torno ao libro “Imaxes roubadas” versou a conversa que esta mañá puidemos escoitar no clube de leitura de Radio Fene Radiofusión.