Imos gañando pequenas batallas, afirma Emma Pedreira

Programa: 
Club de lectura
Emma Pedreira, autora de As fauces feroces

“Fagamos un mundo novo, xuntas, no que a forza desa palabra conteña a memoria de todas nós e Emma Pedreira recolleu das mulleres que, antes, habitaban os silencios todos. É tempo, agora, de abrir páxinas e escoitar as súas voces”. Escríbeo así Eli Rios, no prólogo de As fauces feroces, o libro que hoxe comentamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusión.
“un tapiz reflexivo sobre a maternidade, a sexualidade, a diversidade nos afectos e o libre albedrío. Unha composición feroz e íntima, desde o interior de catro mulleres que falan entre elas e sobre elas como o farían consigo mesmas, para procurarse”. Baia edicións presenta así o libro As fauces feroces de Emma Pedreira