Informativo 19-11-2018

Programa: 
Informativos de Radio Fene

Medio milleiro de xuices e fiscais de Galicia están chamados á folga para reclamar melloras profesionais. A folga de 24 horas paralizará, por segunda vez este ano, a xustiza en todo o Estado. Demandan maior independencia xudicial así como a eliminación do límite de seis meses para as instruccións xudiciais. Tamén se mobilizan os pensionistas esta tarde ás cinco no Cantón, Conviocados polo Movemento pola defensa das pensións de Ferrolterra.