Informativo 31-10-2018

Programa: 
Informativos de Radio Fene

A corporación de Fene reúnese esta tarde en pleno ordinario que se adianta un dia por ser festivo mañá 1º de novembro. Someterase a aprobación o Convenio de cesión gratuíta dos locais nas vivendas do Castro, propiedade do Concello de Fene a prol de Aspaneps. Darase conta na sesión desta tarde do período medio de pagamento global aos provedores e procederase a unha modificación de crédito para acometer direrentes obras, entre elas o amaño da fachada do colexio A Xunqueira.