ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Na última década, os glaciares en España experimentaron un retroceso acelerado, cunha significativa perda de extensión e espesor. Así o destaca o informe CLIVAR-Spain 2024, elaborado polo Comité CLIVAR-España. Este informe, forma parte dunha iniciativa internacional orientada a mellorar a comprensión do cambio climático e os seus efectos. Desde a súa creación en 2004, consolidouse como un referente na investigación climática en España,
Esta publicación ofrece unha actualización sobre o estado do clima en España, destacando os efectos do cambio climático nos ecosistemas terrestres e mariños do país. Para a súa elaboración reúne os avances científicos máis recentes e complementa as conclusións do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) a nivel global, proporcionando unha visión detallada dos impactos e riscos climáticos no territorio español.
Imos coñecer algunha das conclusións deste informe da man de dous dos investigadores do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA) do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC; Armand Hernández e Roberto Bao, que participaron como coautores dun dos Capítulos deste informe.
Imaxen: UDC