ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Conversamos con Yago Ricoy, consultor da empresa Implicatum, promotora do proxecto “Comunidades de Innovación Rural”, do que é coordinador; un proxecto que busca impulsar a economía e mellorar a calidade de vida no rural a través da innovación, a colaboración e, sobre todo, a creación de redes entre persoas e entidades. As comunidades rurais sendo protagonistas do seu propio desenvolvemento.
A proposta, guiada pola consultora Implicatum e financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o reto Demográfico, elixiu a San Sadurniño, Moeche e Cedeira para poñer en marcha este proxecto con tres eixos dirixidos persoas emprendedoras, empresas, persoas en procura de emprego, así como entidades públicas e privadas.
A innovación no rural apoiada en tres eixos, un “Centro de Oportunidades” que incluirá un estudo do territorio para identificar sectores clave, recursos dispoñibles e boas prácticas doutros lugares, a formación para o emprendemento e a competitividade empresarial da man do que chaman “Campus rural” e a posta en marcha dos “Rural Labs”, laboratorios de innovación social e económica ao que aplican metodoloxías design thinking.