Investigando novas variedades

Programa: 
Onda ODS

A asociación Berries Galicia está formada por produtores de froitos vermellos de diferentes puntos de Galicia. Cada ano celebran a súa feira e realizan con frecuencia cursos de formación para conseguir o mellor produto. O seu presidente, Ramiro Touceda, asegura en Onda ODS que non deixan de investigar para lograr novas variedades, por exemplo, de fresa. “Estamos sempre investigando con variedades novas  Na nosa zona temos o privilexio de ter un microclima. A fresa é un produto que da moitísimo traballo, hai que coidalo moito e ten moito mantemento. Actualmente, na miña plantación hai tres variedades de fresa”, explica o presidente da asociación Berries Galicia.