Líderes

Programa: 
Vilanova

O psicólogo José Barcia fala de dúas cualidades básicas na figura do líder: ter carisma e influencia. “Cantas persoas é capaz de atraer e a influencia social que poida ter”. Non temos a mesma consideración dun líder segundo sexamos nós seguidores ou non. Barcia pon o exemplo de Donald Trump, un personaxe controvertido pero ao hai que recoñecer que aínda nos gustándonos, ten moita influencia. Pon outro exemplo, a entrevista de Jordi Ébole a Fernando Simón. Cando lle pregunta como lle gustaría ser recordado, contesta “ que me olviden”. Neste caso estamos diante dun líder con poder pero hai líderes que, sin ter poder, despertan igualmente moito interese. Como Pep Guardiola, que ten influencia, non poder.

Os líderes son persoas das que aprendemos do seu comportamento. Son modelos, como é o caso cercano dos país ou os mestres. “Teñen que saber que os seus comportamentos son copiados” afirma Barcia, quen distingue líderes formais de líderes informais. No mundo do fútbol, por exemplo, un líder formal é o enterrador e informal pode ser un xogador porque, aínda que non ostente ningún cargo, é un referente. Preguntámonos se se pode educar a un líder. Barcia concede que si pero os rasgos de personalidade, di, xa están aí. “Hai persoas con cualidades innatas para ser líder e outras que non, pero pódense formar. Un exemplo claro é o da figura dos asesores políticos, cada vez máis relevantes á hora de traballar a imaxe dos candidatos  e candidatas a líder.