La Bola Negra en Sardiñas e xurelos

Programa: 
Sardiñas e xurelos
Fotografía Xan Xe

Como referencias despois de ver a película, Antonio e Henrique citan a El Padrino II e a Querelle (1982) de Fassbinder, mencionando en concreto a estética das escenas dos mariñeiros a bordo do buque.  

Carlos fala da ambición narrativa e visual. Con estética barroca, os directores amosan capacidade para conectar tres momentos e tres epocas diferentes, 1932, 1937 e 2017. Todo arredor da figura de Lorca. 

Destaca a interpretación de Alberto Cortés, Penélope Cruz e Miguel Bernadeau, cunha coidada atmosfera teatral. e con opcións para o Oscar. De todos os xeitos haberá que agardar ata ver as películas coas que competirá en Norteamérica. 

Como puntos de crítica, parece excesivamente longa e por momentos bótase en falta unha maior sutileza na construcción de personaxes e diálogos. Sobre todo na primeira parte, coa relación entre Sebastián e Rafael Rodriguez Rapún, representados por Guitarricadelafuente e por Miguel Bernadeau. Sebastián é o soldado encarregado de vixiar a Rafael con quen establece un vinculo afectivo.

Rafael representa un personaxe real, o último amor de Lorca, soldado republicano, que intenta protexer o legado e os últimos manuscritos do poeta, antes de morrer. 

Un mozo investigador e hispanista contemporáneo descobre o manuscrito agochado e inacabado de Lorca e desencadea toda a trama moderna. 

Carlos Sardiña, Antonio Tizón e Henrique Sanfiz recomendan neste episodio de "Sardiñas e xurelos" ir ver a película "La Bola Negra", dirixida por Javier Calvo e Javier Ambrossi, baseada nunha obra de teatro de Alberto Conejero. O argumento xira en torno á vida e a morte de Federico García Lorca.

 

Imaxe de Antonio Tizón:

Fotografía Xan Xe

Preme aquí para escoitar este episodio de "Sardiñas e xurelos" sobre "La Bola Negra":

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/071026SARDINA.mp3