Livorno, referencia na loita contra o racismo e a xenofobia

Programa: 
Club de lectura
Mario Regueira, autor de Marco Livorno

Un italiano fantasmal e os seus amores nun Ferrol proletario son o marco narrativo do libro de poesía “Marco Livorno”.
O breve relato que abre a obra gañadora do premio de poesía erótica Illas Sisargas comeza así:

  1. Coñecín a Marco Livorno en 2004, nunha pachanga no extrarradio de Ferrol. Xogaba cunha camisola escarlata co número 99 e un nome escrito detrás: Lucarelli.

Mario Regueira conversou sobre o libro no club de lectura de Radio Fene Radiofusión con Esther Val, Tatty Lavandeira, Andrés C.M.Riveira e Henrique Sanfiz.