Loita contra os incendios

Programa: 
Onda ODS

O Concello de Foz traballa na implantación de faixas de protección nas vivendas para tentar limitar os efectos nocivos dos incendios “Dende a Concellería de Medioambiente se está traballando na implantación das faixas de protección contraincendios das vivendas. Visto o que está a acontecer estes días en moitos puntos de Galicia, a cidadanía ten que darse conta do perigo que supoñen as especies pirófitas preto das vivendas. Aquí na Mariña é practicamente todo eucalipto, hai moitísimo traballo que facer nese eido aínda que xa hai moitos núcleos que están protexidos e libres de pirófitas e seguimos traballando nese senso”, asegura Francisco Xavier Fanego, concelleiro de Medio Ambiente de Foz en Onda ODS.