A lumbalxia

Programa: 
Vilanova

Cada vez máis persoas padecen lumbalxia ao longo da súa vida. Din as estatísticas que 8 de cada 10 persoas non se libran. Descartada calquera patoloxía seria e diagnostiocados polo médico, a ausencia de exercicio soe ser un dos factores de risco á hora de padecela. Pero xa non é cousa das persoas maiores, tamén na adolescencia pode aparecer se son nenos que pasan a infancia sentados. Hoxe falamos deste padecemento e das súas causas con José Barcia no espazo Vilanova. Barcia recoméndanos exercicios contra a lumbalxia. O Pilates é un bo método porque é lento e permite o seu control. (na imaxe, Rosa Salanova baila no cine Adriano de Fene)