A maldición de San Brandán de Paulo Calvo

Programa: 
Club de lectura
Paulo Calvo, Henrique Sanfiz, Esther Val e Andrés C.M.Riveira

“Por desgraza, a cobiza é inherente ao ser humano” conclúe Calvo que confesa o seu interese por todo tipo de lecturas, aínda que recentemente está a apostar pola banda deseñada: “Gustaríame que ás persoas lectoras desfrutaran co meu libro”.
 É libre o destino da humanidade ou obedece á vontade dun obxecto? A esa pregunta intenta responder a novela de Paulo Calvo “A maldición de San Brandán”, un libro de misterio, azar e intriga histórica. Falamos del no club de lectura de Radio Fene Radiofusión. Participan na conversa Esther Val, Andrés C.M:Riveira, Henrique Sanfiz e Paulo Calvo.
O protagonista de “A maldición de San Brandán” ten que atopar un obxecto secreto. A antiga Britonia, Alemaña e a Universidade de Santiago son algúns dos lugares nos que se desenvolven tres tramas paralelas que ao remate conflúen.