María Barbeito

Programa: 
Mulleres emprendedoras

María Barbeito naceu na Coruña en 1880. Aos 16 anos xa era Mestra Superior. Atenta aos avances do ensino, introduciu por primeira vez en Galiza métodos renovadores como a pedagoxía da tamén precursora María Montesori. Foi defensora da educación en igualdade. Ao remate da guerra foi acusada polas súas ideas republicanas, destituídas dos seus cargos e obrigada a xubilarse.