ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un funcionario municipal encargouse de levarnos á unha da tarde ata o depósito de cadaveres do cemiterio de Catabois. O corpo do meu irmán permanecía sobre unha rudimentaria e fría mesa de pedra, totalmente espido, manchado co sangue dos tres impactos de bala nas costas. Sería á noitiña, cunha escolta discreta e moita vixilancia de paisano, cando á fin se nos deixou abandonar aquela Ferrol invadido. O enterro foi ao día seguinte no cemiterio de Imo. Catro familiares novos levamos o cadaleito. Acompañábano os seus e moitos veciños,...
Así falou Manuel Reboiras.
Reproduce o relato Luis Rei na novela “Matarán a Reboiras” publicada por Xerais. Conversaron con el sobre memoria histórica democrática e literatura, no clube de leitura de Radio Fene Radiofusión, Antonio Tizón, Olaia Ledo, Xosé Lastra Muruais e Henrique Sanfiz.
Fotografía: Xan Xe Corral