Medos. Héctor Carré

Programa: 
Club de lectura
Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

O medo impídenos ser felices, afirma o escritor Héctor Carré. Ao falar dos medos, en realidade analizamos a vida. Os relatos permiten un maior coidado da palabra, do estilo literario, indica o autor de “Medos”. “Sempre que escribo,tanto para literatura como para cine, trato de interesar á persoa á que vai dirixida a mensaxe” puntualiza Carré. No clube de lectura da Fenestra de Radio Fene puidemos escoitar esta mañá a conversa con Héctor Carré sobre o seu libro de relatos publicado por Xerais “Medos”. 
O escritor coloca aos personaxes en situacións extremas ou en lugares de conflito, onde haxa posibilidades de cambio. Héctor Carré falaba tamén do futuro dos xornais en papel ao fío do seu documentario "Post truth times" publicada en 2017 con declaracións, entre outros,  de Noam Chomsky, e Iñaki Gabilondo. Conta o que lle dicía Antonio Rubio, ex-director do Máster de Xornalismo de El Mundo: "Pensa que os xornais pasarán a publicarse unicamente os domingos, con artigos máis en profundidade, falando de contexto, historias de máis palabras".