Mundo rural: Raíces de futuro

Programa: 
Onda ODS

Abordaremos, neste segundo programa, claves para un tema tan fundamental como é o mundo rural. Territorios cheos de vida, saberes e propostas que moitas veces quedan fóra do radar...

Para empezar este percorrido polo mundo rural, imos directas a territorios cataláns da man das nosas compañeiras de Ràdio Televisió Cardedeu, que decidiron ir á rúa para saber que opina a xente coma ti sobre os problemas do mundo rural.

Da man de A REDE DE MEDIOS COMUNITARIOS, coñeceremos os "Territorios ou zonas de sacrificio". Trátase dun concepto relativamente recente en España que fai referencia a territorios que ven modificadas as súas condicións naturais debido á actividade humana, o que leva consigo outros cambios no seu tecido social, relacións ou vida cotiá. Normalmente a esa actividade realizada con obxectivos económicos, produtivos ou extractivistas, contraponse unha de resistencia por parte da comunidade orixinal.

As Radios municipais galegas, presentarémosvos un proxecto que ten o rural como obxectivo, as "Comunidades de Innovación rural" que se está a desenvolver nos concellos de San Sadurniño, Moeche e Cedeira e que busca promover o emprendemento, a innovación e a sustentabilidade no rural. Falaremos nesta entrevista coa concelleira de Participación e Axenda 2030 do Concello de San Sadurniño, Raquel Piñeiro López e con Yago Ricoy, consultor de Implicatum, a empresa xestora do proxecto que é o coordinador do proxecto Comunidades Innovación rural.

Podes escoitalo tamén nesta ligazón: https://open.spotify.com/episode/76hatXYgA3e2odj2pIbLM9?si=tCRgWWo2QDiH4...