Na procura de solucións ambientais

Programa: 
Onda ODS

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia promove a educación ambiental, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadáns. Auga, cambio climático, conservación e espazos naturais protexidos, cooperación, educación ambiental e interpretación do patrimonio, forestal, participación e comunicación, medio mariño e litoral, turismo e xestión ambiental municipal son as áreas temáticas que se traballan no CEIDA, dirixido por Carlos Vales dende o ano 2001.