Nación - mar. Xosé Iglesias

Programa: 
Club de lectura
Xosé Iglesias no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

Iglesias recomendou a visita ao pesqueiro museo que permanece aberto no porto de Burela. "Non se deben deixar morrer as embarcacións tradicionais, porque forman parte da nosa identidade como pobo" explica Xosé Iglesias, o poeta mariñeiro de Cee. Publicou o seu terceiro libro, Nación mar, coa editorial Bululú. Transita entre a poesía e o álbum ilustrado e as imaxes acompañan aos textos e os debuxos de Iglesias: son unha especie de retratos de barcos, pero “capturados coa mirada como peixes e cetáceos”.