Non é pais para vellos, dos irmáns Coen

Programa: 
Sardiñas e xurelos

Gañadora de catro premios Óscar (incluíndo Mellor Película e Mellor Dirección), No es país para viejos (2007), dirixida polos irmáns Coen, está  considerada unha das grandes obras mestras do cinema contemporáneo. Carlos Sardiña é escéptico con esa cualificación, poñendo o acento no seu infrecuente ritmo e estrutura. 

Javier Bardem aparece como un implacable e psicópata asasino cun curioso peiteado que en realidade é unha perruca, apunta Leandro. É un dos mellores e máis terroríficos viláns da historia do cinema, destacando a súa fría presenza e a icónica violencia que desprega.

A película capta a esencia desértica, violenta e existencialista da novela orixinal, retratando un mundo crepuscular onde os vellos códigos morais xa non serven para entender a brutalidade moderna, indica Henrique. 

O guión destaca por unha linguaxe visual soberbia que prima sobre os diálogos explicativos, esixindo un rol activo por parte do espectador.

O desenlace é o maior punto de debate. Sentícheste decepcionado ou frustrado ao non atopar a resolución típica dun thriller tradicional, como un enfrontamento final clásico? Quedaches cunha sensación fría e amarga?  Paréceche que o conxunto peca de certa pedantería? 

Comparamos o tratamento da violencia de Sam Peckinphah, Quentin Tarantino e os Irmáns Coen. A representación da violencia no cine evolucionou de forma radical grazas á pegada de directores que a utilizaron non só como un elemento de acción, senón como unha ferramenta discursiva, estética e narrativa de primeiro nivel. Mentres Sam Peckinpah retrata a violencia como un trauma visceral e lírico, Quentin Tarantino faina hiperrealista e puramente cinéfila. Os irmáns Coen utilizan a brutalidade como un detonante absurdo e fatalista do azar.