Non temerás os coches amarelos. Marta Villar

Programa: 
Club de lectura

A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e un amor eterno que parece imposible. No clube de lectura de Radiofusión falamos con Marta Villar, autora de ‘Non temerás os coches amarelos’.

 

Participaron na conversa con Marta Villar, Antonio Tizón, Rafael Catoira, Henrique Sanfiz e Susana Falcón.

Fotografía: Xan Xe