O baile dos estorniños. Xavier Quiroga

Programa: 
Club de lectura
Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

Logo dun tempo de silencio reaparece o literato de Escairón na narrativa galega. Falamos do libro publicado por Xerais, O baile dos estorniños no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión. Participaron Antonio Tizón, Fran Martinez, Henrique Sanfiz e Xavier Quiroga. 

"As persoas que eran represoras, asasinaron xente e roubaron propiedades, seguiron aí. Non é normal que haxa xente enterrada nas cunetas e que non se lle poida dar unha sepultura digna.A min gústame a historia", confesa o autor de O baile dos estorniños. “É unha marabilla remexer nos papeis e escoitar aos vellos". Pero esta novela ten tamén algo de autobiográfico porque o seu pai traballou no Pazo de Tor. Tamén aparece un taxista investigador que vai por libre: "Reina pode saír por calquera lado. E un vaiche boa, gústanlle as mulleres e ten acenos machistas” apunta o escritor. Sempre que hai alguén investigando fálase de novela negra. Pero o literato pretende fuxir das etiquetas e das modas. "En O baile dos estorniños hai algo de novela negra, de novela histórica e de novela autobiográfica", conclúe Quiroga.

O argumento
 
Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos tráxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciará unha investigación na que, en principio, non cre.  

Edicións Xerais resume deste xeito o comezo de “O baile dos estorniños” a última novela de Xavier Quiroga. 

Fotografía: Xan Xe Corral