O blues en galego

Programa: 
Sonsdenós

Músico autodidacta e heterodoxo, así o definen nas referencias xornalísticas, comezou nos anos 80 tocando en distintas bandas e no ano 1999 decídese a iniciar unha carreira en solitario coa Víctor Aneiros & Blue Notes, e algúns anos despois, no 2003, forma Víctor Aneiros Band pero as colaboracións con outros músicos están presente en toda a súa carreira. A nosa lingua é unha constante dende aquel “Blues do amencer” que foi o seu primeiro traballo integramente en galego e que o confirma como pioneiro na súa utilización no blues. Presente tamén sempre presente está a poesía, a de Rosalía, Pimentel, Curros ou a do eumés Ramiro Fonte a quen coñeceu e foi protagonista doutro dos seus traballos, “Brétemas da memoria”. A poesía imprescindible na obra musical de Aneiros. Víctor está en plena xira aniversario, 25 anos nos escenarios compre celebralos, unha sorte para nós, que poderemos desfrutalo nos escenarios máis unha vez.