O cebo contra Psicose

Programa: 
Sardiñas e xurelos

Un laretas ou falabarato é unha persoa que fala demasiado, charlatana, indiscreta ou que conta cousas que debería calar. Carlos Sardiña e Henrique Sanfiz non falan de máis en “Sardiñas e xurelos”, o podcast sobre humor e cinema. Abordan neste episodio, as películas “O Cebo” de Ladislao Vajda e “Psicose” de Alfred Hitchcock. 

Trátase de dúas obras mestras da historia do cine, nas que se demostra que o terror non é unha emoción exclusiva de escenarios sórdidos e escuros. Pregúntanse ata onde ten que chegar a ética dun investigador que lle prometeu á familia da vítima, non descansar ata lograr deter ao culpable dun crime.

Preme aquí para escoitar este episodio de "Sardiñas e xurelos":

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/040526SARDINA.mp3