O cervo e a sombra. Diego Ameixeiras

Programa: 
Club de lectura
Clube de leitura de Radio Fene Radiofusión

Personaxes escuros marcados por grandes conflitos aparecen na novela “O cervo e a sombra”, de Diego Ameixeiras, un narrador de referencia no xénero negro en Galicia. A de Ameixeiras é unha voz sobria, seria, comprometida cos problemas sociais de Galicia contemporánea. Fálase do consumo de drogas, do desemprego da mocidade e da reintegración social. O autor escolle a perspectiva dos marxinados non a da policía. No libro aparecen dúas xeracións ben diferentes. Ameixeiras retrata un colectivo de libertarios. Ocupan un edificio e queren rehabilitalo como centro social.