ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Faino cun volume escrito nun coidado idioma galego -con léxico da zona rural de Lugo- e no que o conserxe do Instituto Eliseo Chousa se converte en investigador para intentar aclarar a morte dunha alumna.
O papel do conserxe nun colexio ou instituto depende un pouco das características da persoa, segundo Xosé Luís Vázquez.
Vázquez Somoza relatou como e cando lle veu a inspiración para dar co remate do libro. "foi un dia barbeándome cando levaba xa escritas 20 ou 30 páxinas do libro" indicando tamén que en 4 meses rematou coa escritura de "O conserxe".
O acoso escolar, a mala utilización das redes sociais e incluso unhas pinceladas de gastronomía aparecen nunha trama coa intriga ben dosificada.
A literatura galega atravesa un bo momento cunha oferta ben surtida, variada e de calidade. O problema reside no galego vivo, no galego oral, no galego falado.
A vida nun Instituto vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria Garcia, unha alumna de 1º de bacharelato, colgado no aro dunha canastra.
Ese é o inicio do argumento de “O conserxe”, libro publicado por Xerais na colección Fora de xogo. Fran Martinez, Antonio Tizón, Henrique Sanfiz e Xosé Luís Vázquez Somoza conversaron sobre o volume no clube de leitura de Radio Fene Radiofusión.