O cuarto de Jane. Charo Pita

Programa: 
Club de lectura
Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

As conquistas das mulleres, a igualdade de xénero é algo que se cambalea, para a escritora Charo Pita: “O feminismo non é algo alleo ao ser humano. O feminismo é humanismo”. Os poemas incluídos no libro “O cuarto de Jane” foron xurdindo paseniño sen ter pensado previamente concorrer ao premio de poesía Illas Sisargas. No confinamento Charo Pita aproveitou para escreber e para rematar proxectos.  O seu traballo levouna a contar historias polo mundo (Alemaña, Polonia, Italia ou Nicaragua). Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca, obtivo en 2001 o Premio de Poesía Espiral Maior co libro Desde Arcadia para Govinda e é autora dunha extensa obra de literatura infantil e teatro. Naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro, segundo confesa na páxina da Asociación de Escritores.

 

Fotografía: Xan Xe Corral