O escultor. Rafael Catoira

Programa: 
Club de lectura
Fotografía Xan Xe

“Unha casa patrucial. A decadencia dunha familia. Un ser illado coa súa imaxinación, soña ou vive? O protagonista desta novela está na liña que divide a vida e o soño. Os soños nos que habitan a ledicia de vivir e os pesadelos nos que os monstros aparecen”. Podería ser ese o resumo da novela “O escultor” escrita por Rafael Catoira e publicada por Medulia editorial. 
Catoira naceu na aldea de Laxe, en Culleredo. Traballou na construción, primeiro como obreiro e despois como empresario. Actualmente xubilado, dedícase ás súas afeccións, a lectura e a escritura. Gañou o segundo premio de poesía do certame literario de Vilalba. Tamén o primeiro accésit de poesía e o primeiro accésit de narrativa no Certame Literario de Paradela. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral