O estado intermedio. Rexina Vega

Programa: 
Club de lectura
Fotografia: @quinovilas Clube de lectura de Radiofusión en Radio Redondela

O estado intermedio de Rexina Vega (Galaxia, 2020) aborda o tema da morte desde unha concepción filosófica budista, cuestión inédita na literatura galega contemporánea. Xunto co manexo de conceptos budistas á hora de entender o tránsito entre a vida e a morte, Vega introduce cada unha das doce “teses” nas que se divide a primeira parte do libro con parrafeos do escritor inglés John Berger, o xenial autor que deu relevancia ás sensacións e ás percepcións. A escritora e profesora traballa na actualidade nunha nova novela que centra a súa trama nun departamento universitario.