O estraño caso da bicicleta amarela. Henrique Dacosta

Programa: 
Club de lectura
Fotografía: Xan Xe Corral

Henrique Dacosta volve á súa infancia en Ferrol no seu novo libro O estraño caso da bicicleta amarela. Oito contos e unha traxedia. Sempre vinculado á cidade departamental, Dacosta recoñece unha certa nostalxia nesta obra. O profesor e escritor ferrolán leva toda a vida vinculado ao mundo das letras. Foi gañador, entre outros premios, da II, IV e XVI edición do Certame Carvalho Calero coa novela “Mar para todo o sempre” (1992) e os conxuntos de relatos “Sobre comboios, janelas e outras pequenas historias” (1994).