O mar tamén é territorio

Programa: 
Conexión Europa

Neste episodio de Conexión Europa mergullámonos —literalmente— nun tema apaixonante: a pesca sustentable e o futuro das nosas costas.

Acompáñanos nesta inmersión Daniel Rey García, xeólogo e catedrático de Estratigrafía na Universidade de Vigo onde desenvolve, desde 2008, a súa traxectoria investigadora e naque dirixe o Centro de Investigacións Mariñas e o Campus do Mar, un espazo de referencia no estudo dos océanos, onde a investigación, a innovación e a sustentabilidade van da man.

Ademais coñeceremos como a investigación científica está a participar en protexer a sustentabilidade no mar. Javier Climades, científico do CICA da Universidade da Coruña, preséntanos o proxecto "Cliraqua", un proxecto de colaboración internacional, financiado a través dos fondos Interreg Atlantic Area do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea, que creará unha Rede Transnacional de Resiliencia da Acuicultura para facilitar a adopción das mellores prácticas no territorio europeo.

Unha produción de EMUGA, Emisoras Municipais Galegas, no marco do proxecto Conexión Europa, apoiado pola DG REXIO da Comisión Europea.