O oficio de escrever

Programa: 
O ofício de escrever

Na primavera de 1988 Carvalho Calero enferma de cancro de pulmón. Dous anos pasará entre a clínica e o seu domicilio en Santiago. Afirma Martinho Montero que todo ese tempo pasouno activo, lendo moitísimo e co proxecto de continuar o romance Scorpio desde a Guerra Civil, onde quedou a novela, en adiante. Pero, que se saiba non deixou nada escrito sobre ella, afirma Martiño Montero.

Ricardo Carvalho Calero era consciente de que lle quedaba pouco de vida. Falece o 25 de marzo de 1990. Os titulares dos xornais deron boa conta da súa desaparición, deixando un lamento consciente da perda que supuña para a cultura galega. “Respirabase un sentimento de perda” explica o seu biógrafo. Montero asistiu o dia 27 ao funeral celebrado en San Francisco e ao enterro no camposanto de Boisaca.

Cóntanos Martinho Montero a bonita homilía pronunciada polo pai Isorna, gran amigo de Carvalho. En Boisaca, Montero fálanos da presenza de moita xente nova e tamén de como lle chamaron a atención as ausencias. Quedoulle daquel sepelio o recordo da “sombra”como califica a solitaria e enferma figura de Ramón Piñeiro que morrería só uns meses despois.Ferrol creou tras a morte de Ricardo Carvalho Calero, o Premio de novela que leva o seu nome. A última homenaxe que recibiu o profesor ferrolán foi a dedicación do Dia das Letras galegas de 2020. Con mágoa sinte Montero que o coronavirus frustrase as celebracións.

(Imaxe de Carvalho e Piñeiro, Nós Diario)