ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Lembran ao nadador guineano Erik Moussambani nos Xogos Olímpicos de Sidney do ano 2000?. Nunca un perdedor coma el tivo tanta repercusión mundial despois de case afogar na piscina cando participaba na proba de 100 metros libres. Os seus últimos 30 metros foron a antoloxía do sufrimento. Estamos diante dun libro que respira paixón en cada unha das súas páxinas, paixón polo deporte a través de 50 historias de vida e ilusión que cobren en grande parte os deportes encadrados dentro do programa dos Xogos Olímpicos. O seu autor é o lugués Felipe Barata Villapol, profesor de educación física no colexio Friol de Lugo e adestrador de atletismo, colaborador de El progreso e speaker en moitos eventos atléticos de toda Galicia.
Foi casualmente en pleno confinamento cando naceu este libro. A través das clases on line, Felipe mandaba aos seus alumnos indagar cada dia na vida dun deportista de elite ou nunha xesta atlética. “Iso deulle corpo ao libro” relata o autor. Colleu referentes de todos os deportes olímpicos, en cada especialidade unha historia de esforzo, así como de eventos transcendentes máis aló dos logros deportivos. Son 50 grandes xestas, aparecen deportistas de elite, referentes do alto rendemento, heroes que se erguen de situacións vitais moi difíciles, en boa parte deles. “Superan adversidades e por iso son referentes sociais” afirma Barata quen pon exemplos como o da pioneira Charlotte Cooper, primeira muller en lograr medalla olímpica nos xogos de París de 1900, sobrepoñéndose ao machismo reinante e a unha xordeira que dificultaba a práctica do tenis. O propio Moussambani non deixa de ser un heroe a pesar de quedar último naquela proba de Sidney. Saíu en todos os medios e fíxose mais famoso que os gañadores.
A gran lección que nos deixa o libro de Felipe Barata, ademais de regalarnos unha gran ledicia, é a reflexión sobre a actividade física e o deporte como algo necesario para a vida. “A competición axúdanos a marcar obxectivos e iso condúcenos á felicidade” afirma Barata, para engadir que na competición deportiva hai moitos momentos malos e algún éxito, como na propia vida. E sentencia que os deportistas reflexados en “O smóking de Roger Federer” son un espello no que reflexarnos, e o deporte, un asideiro ao que agarrarse.