O Valo. Carlos Labraña

Programa: 
Club de lectura

O Valo propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades. O libro do cedeirés Carlos Labraña foi o gañador da novena edición do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. As guerras obrigan a moitas persoas a abandonar a súa terra na procura de refuxio. Como Marwan, un meniño de apenas catro anos que coa súa familia cruzou un deserto fuxindo da contenda siria. El salvouse, pero outros nenos e nenas non tiveron tanta sorte…O Valo foi escrito en homenaxe a todas elas.