A obesidade en Vilanova

Programa: 
Vilanova

“A pandemia da obesidade é peor que a do coronavirus”. Os problemas relacionados co sobrepeso matan mais de catro millóns de persoas ao ano, segundo advirte o epidemiólogo, Miguel Ángel Martínez-González. Repara o psicólogo deportivo, José Barcia en que a obesidade está estreitamente relacionada co noso estilo de vida en mais dun 40% . O que comemos e o exercicio físico que facemos fan a metade do noso corpo, poderíamos decir. Antes da Covid19 xa existía outra pandemia, a da obesidade, asegura Barcia. “Se nos piden que relacionemos a palabra festa con comida e bebida, normalmente escoitaremos respostas relacionadas con refrescos, snaks, pizzas, chocolate, doces e todo o máis perxudicial que poidamos imaxinar”   Lémbranos que a  información e a prevención son os pilares dos hábitos saudables. "Na prevención invístese moi pouco diñeiro", asegura José Barcia.